terça-feira, 5 de abril de 2016

Recolha de poemas de Manuel Maria


"O Mar"
Tu nunca viche-lo mar
cos seus berros bruadores,
coas sua escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.

- ? Ti nunca viche-lo mar
a tecer e a destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?

-?E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga
maxestade e fermosura?
-?Ti nunca viche-lo mar?
?E sabes que non repousa?
-!Se nunca viche-lo mar
non viches ningunha cousa!

                           Manuel Maria



  
A Lua
A señora Lúa
inda está solteira.
!A señora Lúa,
A Lúa lueira!

A Lúa lueira
a senhora Lúa:
!ten gana de troula
e quere ir de rúa!

!E quere ir de rúa,
de troula ir queria,
que sente morriña
e melancolía!

A señora Lúa,
a Lúa rueira,
como anda de noite,
sempre está tristeira.

Sempre com trstúra
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de dia.
                           Manuel Maria
  



  
Publícase por orde da alcadía
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Desde agora as pombas teñen
que pedir licenza pra voar.

Prohíbeselle á lúa
Andar ceiba de noite polo ceo.
A lua é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos e familia.

Pagarán trabucos os poetas.
prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese  chorar tan só cando hai sequía
para que non fiquen baldeiros os
 pantanos.

Un só se pode emocionar
os xoves e os domingos
cando toca
a banda do Concello no quiosco.

Están fóra da lei
as estrelas, a primavera,
as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e tal
para que se cumpra
de orde do alcalde.
Asinado e rubricado.

                                           Manuel Maria



          “A ESTRELA SEN NOME “

Eu sei dunha estrela
perdida nos ceos,
irmá dos meus soños
e dos meus anceos

              A estrela rebrilla
              cando miro pra ela
              cos ollos abertos
              e ollada sinxela

Eu sei que esa estrela
perdida na noite,
se quizais lle falo,
quizais ela escoite

¡ Eu sei dunha estrela!
¡ Coa estrela soñei:
se ten nome ou non
 é o que non sei…!


                Manuel Maria


Recolha realizada por Luísa Costa

Sem comentários:

Enviar um comentário